Formación reglada
Formación reglada PDF Imprimir E-mail

¿Qué é a Formación Profesional?

A formación profesional é un conxunto de accións formativas, durante un período máximo de dous anos, que te capacitan para o exercicio dunha profesión e te preparan para o acceso ao emprego.

A formación profesional ordénase segundo un grupo de ocupacións –familias profesionais– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva (comunicación, imaxe, electricidade e electrónica; actividades marítimo-pesqueiras, sanidade, etc.).

Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulos profesionais de formación teórica e práctica.

Actualmente existe unha grande variedade de ciclos formativos organizados en 26 familias profesionais.

Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos. Tanto os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo (FCT), de duración comprendida entre tres e seis meses, para o que se dispón de axudas económicas.

¿Qué son los PCPI?

Los programas de cualificación profesional inicial (PCPI) tienen como finalidad favorecer la inserción social, educativa y laboral de los jóvenes.

Se dirige al alumnado mayor de dieciséis años que no obtuviese el título de graduado en educación secundaria obligatoria y, excepcionalmente al alumnado mayor de quince años.